martes, 24 de abril de 2018

PARTICIPAMOS NO STEMlab GALICIA

O día 20 de Abril, catro representantes do noso centro, dous alumnos de 5º e dous de 6º de Educación Primaria acudiron xunto con dous mestres á Feira STEMlab Galicia en Santiago de Compostela.
Os catro alumnos encargáronse de explicar a todos os asistentes ao evento o uso e aplicacións que levamos a cabo dentro do noso proxecto coas Raspberry, como por exemplo o uso para facer Timelapse ou a Estación Metereolóxica. 
Foi unha gran sorpresa atopar entre os asistentes ao astronauta Pedro Duque, ao Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e ao Conselleiro de Educación Román Rodríguez González, que escoitaron con moito interese ao noso alumnado. Podemos velo no vídeo que publicou A Voz de Galicia.


Podes atopar mais información sobre o evento no blogue  do proxecto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario