venres, 20 de abril de 2018

TOD@S AO SALÓN DO LIBRO

O mércores 18 de Abril fomos todo o cole dende Educación Infantil ata 6º de Primaria a visitar o Salón do Libro de Pontevedra. Como centro colaborador da exposición de traballos fomos invitados pola organización para facer visitas guiadas e diferentes actividades segundo os niveis educativos. Para os máis pequenos, contacontos e para os maiores, obradoiros creativos. Foi unha mañá divertida, diferente e moi produtiva.





Ningún comentario:

Publicar un comentario