Jairo de 2º de Ed. Primaria envíanos un traballo que fixo sobre un dos contos que recomendamos dende Biblio na casa no Blog de tarefas do cole. Moitas grazas á familia de Jairo por estar acompañando e animando ao seu fillo a facer actividades deste tipo e compartirlas coa comunidade educativa.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
xoves, 23 de abril de 2020
2º ELABORA UN CONTO DENDE CASA
O alumnado de 2º de Educación Primaria, motivados pola súa titora, inventaron un conto entre todos como actividade para o Día do Libro.
Escoitade con atención esta emocionante e misteriosa historia titulada "O castelo e os nenos".
Estupendo traballo nen@s!
Escoitade con atención esta emocionante e misteriosa historia titulada "O castelo e os nenos".
Estupendo traballo nen@s!
mércores, 22 de abril de 2020
xoves, 16 de abril de 2020
APORTACIÓNS DAS FAMILIAS POLO DÍA DA ARTE
Recibimos esta tarde no noso correo de contacto coas familias esta obra de arte feita por Xiana de 1º A para conmemorar o Día Mundial da Arte. Moitas gracias por compartir!
mércores, 15 de abril de 2020
DÍA MUNDIAL DA ARTE
Dende o ano 2012 vense celebrando cada 15 de abril o Día Mundial da Arte, unha data para dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo.
Celébrase cada 15 de abril porque foi o día que naceu un dos maiores artistas da humanidade: Leonardo Da Vinci, un home que foi pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo...
Aquí vos deixamos un audio conto sobre él. Esperamos que vos guste.
Tamén podedes visitar o Museo do Prado de Madrid no seu canal de YouTube.
martes, 7 de abril de 2020
Día Mundial da Saúde
Cada 7 de Abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Hoxe máis ca nunca debemos tomar conciencia da importancia da saúde e das persoas que coidan de nós. Grazas a todo o persoal sanitario que está a traballar nestes momentos de loita contra o coronavirus.
Para os máis peques imos deixar o enlace a un xogo relacionado cos hábitos saudables. Esperamos que lles entreteñan un pouquiño. Moita forza dende a "bibliocasa".
![]() |
Preme na imaxe para xogar
Na pestana XOGOS EDUCATIVOS tedes unha selección de xogos doutras temáticas. Descúbreos!!!
|
xoves, 2 de abril de 2020
CELEBRACIÓNS DO DÍA 2 DE ABRIL
Hoxe temos dúas efemérides IMPORTANTES:
Por iso, dende a nosa "bibliocasa" imos ofrecervos tres contos relacionados co autismo.
![]() |
Día internacional do libro infantil e xuvenil |
![]() |
Día Mundial de concienciación sobre o autismo |
Preme nas portadas dos contos para ler ou escoitar.
![]() |
CONTO PARA LER |
![]() |
VIDEO DO CONTO PARA VER E ESCOITAR |
![]() |
CONTACONTOS (KALANDRAKA TV) |
Etiquetas:
actividades de extensión cultural,
Animación á lectura,
autismo,
Biblioteca inclusiva,
Euquedonacasa,
familias,
libro infantil
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)