sábado, 24 de outubro de 2026

PRESENTACIÓN DO NOVO PDI ECOARDIA


O novo proxecto deste curso leva por título "EcoArdia". O martes día 27 de outubro será a presentación do mesmo ás familias na Xornada de Portas Abertas que celebraremos na biblioteca de 16:30 a 18:00. Xa temos os retos preparados para todas as familias inscritas. 


 

mércores, 14 de outubro de 2026

Dinamización da biblioteca 6º Educación Infantil

 

Comezaron tamén as actividades de dinamización co grupo de 6º de Educación Infantil. Todos os luns acudirán á biblioteca para realizar diferentes actividades creativas: construccións Kappla, construccións Lego, xogos simbólicos con Playmóbil e marionetas, xogos de mesa...

venres, 9 de outubro de 2026

REPARTO DAS PRIMEIRAS LECTURAS NO CLUB DE LECTURA

 

 
 
Comezamos as primeiras asambleas do club de lectura co reparto das lecturas do primeiro trimestre. Como este ano temos moitos participantes tivemos que facer dous grupos. Reunirémonos todos os mércores no tempo de lecer en dúas quendas: un mércores os de 6º e o seguinte os de 5º. Atentos as nosas actividades e datas de asambleas publicadas no seu apartado CLUB LECTOCREA DE ARDIA

xoves, 8 de outubro de 2026

PRIMEIRAS SESIÓNS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA CREATIVA

 

Os voluntarios/as de 6º de Educación Primraria do Club de Biblioteca Creativa comezaron as súas primeiras sesións de formación en Deseño e Impresión 3D. Podes seguir todas as súas actividades no apartado adicado a BIBLIOTECA CREATIVA.

mércores, 7 de outubro de 2026

TEMPOS DE LECER

 

Como todos os cursos, os axudantes de 5º e 6º colaboran na organización das actividades nos tempos de lecer. Este ano as quendas para acudir á biblioteca nos tempos de lecer son as seguintes:

Luns e xoves: alumnado de 1º, 2º e 3º

Martes e venres: alumnado de 4º,5º e 6º

Mércores: Asambleas do Club de lectura e do Club de Biblioteca Creativa. 

xoves, 1 de outubro de 2026

COMEZO DUN NOVO CURSO

 


Comezamos o curso 2026-2027 coa presentación do alumnado voluntariado de biblioteca, nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria que van realizar tarefas de coidado e organización dos recursos da nosa biblioteca.

martes, 7 de xullo de 2026

FIN DE CURSO 25-26

 

Preme na imaxe para ver fotos e vídeos 
 

Despedimos o curso 2025-2026 coa celebración do festival de fin de curso onde fanse entrega de diplomas aos que rematan a etapa de Educación Infantil e aos que marchan para o Instituto. Volveremos o vindeiro curso con máis celebracións, actividades e moito moito que aprender. 

No blog do PDI Voces de Ardia atoparedes as tarefas finais dos diferentes ciclos. Esperamos que disfrutedes e repoñades enerxías durante o verán.