Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
mércores, 27 de xuño de 2018
venres, 22 de xuño de 2018
PLANO DA BIBLIO
mércores, 20 de xuño de 2018
TONO CAMPOS, UN CAMPIÓN NA BIBLIO
A semana pasada visitounos Tono Campos, piragüista e gañador de moitos campionatos de Europa e do Mundo. O alumnado dende 3º ata 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de coñecelo e mesmo de facerlle unha entrevista na nosa radio escolar. Explicoulles as diferentes modalidades dentro do deporte do piragüismo e os materiais que empregan nelas. Animou sobretodo aos rapaces e rapazas a probar e practicar este deporte agora que comeza o verán e o bo tempo.
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES
Para rematar estes últimos días de curso, os Padriños e madriñas lectoras acudiron aos recunchos de Educación Infantil para lerlles contos aos seus afillados e afilladas. Pasaron unha sesión divertida escoitando aos mais maiores do cole: os voluntarios de 6º que ensaiaron durante toda a semana pasada as lecturas, as entoacións, os xestos e sobretodo aprenderon a facer partícipes aos pequenos dos seus contos. Grazas axudantes de biblio! Sodes estupend@s.
luns, 18 de xuño de 2018
FORMACIÓN DE USUARIOS EN INFANTIL
Hoxe os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria foron visitar as aulas de Educación Infantil para ensinarlles a facer marcalibros con material de refugallo. Traballo en equipo e aprendizaxe-servizo como metodoloxía de ensinanza coordinado por unha mestra do Equipo de biblioteca e a colaboración das titoras de Educación Infantil. Boa combinación, bos resultados.
A principios do vindeiro curso os novos axudantes de biblioteca ensinarán a estes pequenos e pequenas o seu uso na biblioteca.
venres, 15 de xuño de 2018
REVISTA ESCOLAR 2018
Recén sacada do forno polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co traballo e colaboración de todo o alumnado do centro dende Infantil ata Primaria publicamos a nova revista escolar.
Recorda que na pestana OS NOSOS TRABALLOS podedes ver mais publicacións do cole.
xoves, 14 de xuño de 2018
VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Hoxe recibimos no noso centro ao alumnado da Escola Infantil de O Grove. Co fin de familiarizarse coas instalacións, as profes da Escola Infantil acompañaron aos seus pequerrechos na gran aventura de coñecer o que será o seu cole para o vindeiro curso. Primeiro fixeron unha visita guiada co noso Director Ramón e despois coñeceron aos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, xuntos foron á biblioteca onde os máis maiores do cole tiñan preparada unha sesión de contacontos. De seguro que marcharon contentos e con gañas de empezar con nós en Setembro.
mércores, 13 de xuño de 2018
Novo traballo do alumnado para á nosa biblioteca
O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou un libro informativo sobre as mesturas. Nel aparecen recollidos os experimentos que fixeron no laboratorio coa ficha correspondente de cada un deles e unha fotografía do momento de traballo. Grazas pola vosa aportación ao Proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía. O documento xa está a vosa disposición no expositor das novidades na biblioteca e na pestana OS NOSOS TRABALLOS.
luns, 11 de xuño de 2018
RECICLANDO POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Para conmemorar o Día do Medio Ambiente o alumnado de 4º de Primaria aprendeu a facer papel reciclado no laboratorio e despois foi ás aulas de Educación Infantil para ensinar aos máis pequenos o aprendido. Toda a información no blogue do Proxecto deste curso: Experimento VI.
venres, 8 de xuño de 2018
MELLORANDO O ESTUDO DE RADIO
E continuamos ambientando o noso estudo de radio. Desta vez mercamos estas bonitas cadeiras para os nosos protagonistas: as nenas e nenos do Valle-Inclán. Non deixedes de escoitalos na nosa canle RADIO V.I.
mércores, 6 de xuño de 2018
ESPAZO MAKER NO LABORATORIO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)