O derradeiro día celebramos a Cerimonia de Clausura do noso proxecto documental integrado. Toda a información no seu blog.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
venres, 25 de xuño de 2021
martes, 22 de xuño de 2021
EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 4º PRIMARIA
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria foron tamén de excursión á Illa da Toxa, pero tamén hai que dicir que foron os máis valentes. Non só fixeron a camiñata con intervalos de choiva, senón que ao saír o sol non dubidaron en meterse na auga. Que ben o pasaron!
ANDAINA Á SIRADELLA
Os máis maiores do colexio fixeron a súa excursión de fin de curso cunha andaina dende o colexio ata o Monte da Siradella. A chuvia pillounos polo camiño, pero isto non os detuvo para chegar ao máis alto e disfrutar dunha merenda ben merecida. Finalmente saíu o sol e pasárono xenial.
EXCURSIÓN DE 1º PRIMARIA
Os nenos e nenas de 1º de Primaria foron camiñando ata A Illa da Toxa acompañados polo seu titor e a mestra Mari. Fixeron algunhas fotos de recordo polo camiño e visitaron a Aldea dos Grobits.
EXCURSIÓN 2º B
Os nenos e nenas de 2º B tamén foron de camiñata dende o noso colexio ata a Illa da Toxa. Pasaron un día estupendo co seu profe, nos columpios da Aldea dos Grobits e visitando o recinto dos burros.
luns, 21 de xuño de 2021
EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 3º
Hoxe os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria fomos de excursión á Toxa camiñando!
Demos unha volta disfrutando da paisaxe, vendo os peixes e paxaros, as distintas árbores e disfrutando do seu aroma tan puro. Tamén tivemos tempo para xogar preto da Igrexa das Cunchas e no parque dos Grobits. Algúns nen@s afirman que atoparon o tesouro!
Que ben o pasamos e que sorte que parase de chover!
EXCURSIÓN DE 2º A NA ILLA DA TOXA
O alumnado de 2º A realizou unha andaina no día de hoxe á Illa da Toxa. Estiveron observando os burros e pasaron un rato divertido na Aldea dos Grobits. Fixeron a ruta polo monte ata chegar á cadeira lectora. Por último foron á praia e fixeron unha chea de xogos coa súa titora e a profe Elena. Ás veces non hai mellor sitio para despedir o curso que facer unha excursión nos lugares máis bonitos que temos na nosa vila.
sábado, 19 de xuño de 2021
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
E un curso máis remata. O Equipo de Biblioteca despídese cunha nova guía de lecturas con recomendacións para este verán.
venres, 18 de xuño de 2021
O rap da reciclaxe de 5º A
Hoxe, o alumnado de Valores de 5º A gravaron para o noso programa musical de Radio V.I. un rap que compuxeron pola conmemoración do Día do Medio Ambiente.
Preme na imaxe para escoitar na nosa canle de radio.
xoves, 17 de xuño de 2021
PREMIAD@S NO CONCURSO LECTOR
Onte entregamos os agasallos aos gañadores do concurso do Papaporte Lector. O Equipo de Biblioteca escolleu entre unha chea de traballos do curso pasado e deste aos mellores en redacción, recomendación e ilustración seleccionando por niveis. A cada premiado se lle entregou unha mochila serigrafiada co logo do noso cole, conto ou libreta de notas, o marcapáxinas das Xeografías Lectoras, chapa do proxecto, rotulador, bolígrafo ou selo con motivos deportivos.
Se premes na imaxe poderás ver a exposición dos traballos e a entrega de premios.
xoves, 10 de xuño de 2021
RECICLANDO COS ESCORNABOT
ECLIPSE DE SOL DENDE O VALLE-INCLÁN
Ó longo desta mañá os diferentes cursos estiveron a observar o eclipse parcial de sol cunhas gafas especiais.
martes, 8 de xuño de 2021
MELLORAS NO MOBILIARIO E EQUIPAMENTO
Grazas á partida económica destinada ao mobiliario e equipamento que recibimos neste curso por formar parte do PLAMBE mercamos expositores con maior capacidade, estanterías fixas e mobles con rodas para poder colocar unha chea de libros novos que xa non tiñamos espazo para eles. Tamén se mercou unha pizarra branca máis grande para o proxector, revisteiros para cómics e revistas que faciliten a súa visibilidade e acceso aos usuarios e uns atrils para o estudo de radio para a colocación das escaletas, guións, libros ou tablets que utilizan os nosos locutores.
Os axudantes de biblioteca de 6º xa comezaron a colocar os libros, pero aínda queda moito por facer...
luns, 7 de xuño de 2021
LIBRO COLABORATIVO DE 3º E 4º SOBRE AS SEDES OLÍMPICAS
Aquí temos unha das tarefas finais do proxecto. Trátase do libro informativo sobre as Sedes Olímpicas escollidas a investigar polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Nel podemos observar como empregaron diferentes ferramentas para documentar todo o que investigaron.
Noraboa polo traballo!
sábado, 5 de xuño de 2021
FASE DE POST-PROCESADO DE PEZAS EN 3D
E por fin chegamos as sesións da fase de Post-procesado no que o alumnado ten un duro traballo de acabado das pezas: quitar as imperfeccións cun cepillo, pintar e colocar os lazos das nosas medallas.
Aquí temos dous representantes de 6º B que nolo explican: