xoves, 30 de maio de 2024

NOVOS EPISODIOS DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 




O alumnado de 3º de Educación Primaria gravou no noso estudio de radio novas recomendacións lectoras. Neste episodio fan recomendacións de diferentes cómics que leron durante este curso, motivados polo lema de Bibliotecas Escolares de Galicia deste ano: Unha biblioteca escolar en viñetas.



PATIOS INCLUSIVOS, RECUNCHOS PARA PINTAR

 


A quen non lle gusta pintar ou escribir con tiza? Dentro do plan de Patios Inclusivos, preparamos no patio dúas zonas para os nenos e nenas que queiran pasar o tempo de lecer pintando no exterior, unha no patio de Educación Infantil e outra no patrio de Educación Primaria. Preme na imaxe para ver máis fotos.

luns, 27 de maio de 2024

VISITA AO INSTITUTO AS BIZOCAS

 O alumnado de 6º de Educación Primaria acudiu ao IES As Bizocas para coñecer o que será o seu novo centro educativo no vindeiro curso. Visitaron as instalacións do centro, escoitaron as charlas informativas da orientadora e as opinións do alumnado que xa está cursando alí a ESO e que moitos deles foron alumnos e alumnas do noso centro nas etapas de Infantil e Primaria. A verdade é que chegaron ao cole moi contentos e desexando comezar o vindeiro curso.



xoves, 23 de maio de 2024

CONTACONTOS POLO DÍA DA FAMILIA


Invitamos ás familias a ler contos en Educación Infantil e a resposta foi inmediata. Máis de 20 familias acudiron ás aulas dos seus fillos e fillas para lerlles un conto. Algúns ata trouxeron actividades para facer todos xuntos despois de escoitar o conto. Grazas familias, sodes estupendas!
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

martes, 21 de maio de 2024

VISITA AO AUDITORIO POLAS LETRAS GALEGAS


O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria acudiu a unha actuación musical sobre a vida e obra da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas: Luísa Villalta.
A Editorial Galaxia ofreceu esta actividade de extensión cultural protagonizada polo dúa Oviravai e agasallou cun libro aos asistentes. O Concelo pola súa parte ofreceu as instalacións do auditorio e transporte dende os centros.  Grazas a todos por colaborar. O alumnado disfrutou moito desta actuación.

Se queres saber máis sobre esta conmemoración, preme na pestana do blog LETRAS GALEGAS.

 

venres, 10 de maio de 2024

xoves, 9 de maio de 2024

COMPARTINDO TRABALLOS POLO DÍA DE EUROPA

 


O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou diferentes lapbooks en equipo sobre diferentes países de Eupora. Podedes atopar os traballos expostos no corredor de entrada da súa aula. De todos os lapbooks, hai dous países que non pertencen á Unión Europea. Saberías cales son? Hora de investigar...

Se queredes saber máis sobre esta conmemoración visita a pestana EUROPA neste mesmo blog. Nela recollemos todas as actividades realizadas nos últimos anos.

mércores, 8 de maio de 2024

TROQUELANDO EN 2º PRIMARIA

 


O alumnado de 2º de Educación Primaria comezou a usar a troqueladora Sizzix Big Shot da Aula Creativa nunha das sesións semanais de biblioteca. Aprenderon as medidas de seguridade e a colocación dos troqueles e das diferentes planchas para poder facer o troquelado correctamente. En grupos de 4 foron realizando o corte dun cubo con cartolina para logo crear unha caixiña e gardar as súas cousas.

martes, 7 de maio de 2024

SALTAMOS DENTRO DA HISTORIA

 As nenas e nenos de 6º de Educación Primaria estiveron investigando a historia contemporánea e realizaron estes marabillosos traballos sobre a Primeira e Segunda Guerra Mundial. 

Galería de fotos

Martina e Sara transformáronse en dous terribles ditadores para contar en primeira persoa que aconteceu naquela época. Podedes velo neste vídeo!