martes, 8 de xullo de 2025

DESPEDIDA FIN DE CURSO 2025

 

Album fotos e vídeos

Rematamos un curso máis coa celebración do Festi´25 no que o alumnado de 6º de Educación Infantil e o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiron os seus diplomas ao finalizar as súas etapas educativas. Premendo na imaxe podedes ver a entrega de diplomas e os discursos de despedida.

Tamén publicamos todas as actuacións e exposicións realizadas nesta festa de fin de curso no blog do Proxecto Documental Integrado Somos artistas, xa que forman parte do propio proxecto como tarefas finais do mesmo.