luns, 10 de novembro de 2025

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 


Como todos os anos, celebramos o Magosto con xogos tradicionais organizados polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e a colaboración do alumnado de 6º de Educación Primaria que foron os encargados de explicar e dirixir os xogos ao resto do alumnado.
Tras a realización de todos os xogos, levamos a cabo a degustación das castañas asadas. 
Preme na imaxe para ver as fotos.

ACTIVIDADES SAMAÍN 2025

 


Xa tedes no blog de VOCES DE ARDIA a exposición de cabazas deste ano que fixeron as familias cos seus fillos e fillas nas súas casas en relacion ao PDI deste curso escolar. 

Tamén podedes ver outras actividades que se fixeron como o túnel do medo, as fotos de grupos, actuacións teatrais en Educación Infantil...premendo na seguinte galería de fotos.