venres, 12 de decembro de 2025

Felicitación de Nadal de 4º de Educación Infantil

 



O alumnado de 4º de Educación Infantil visitou onte o noso estudio de radio por primeira vez para felicitar o Nadal aos nosos oíntes de RADIO V.I. 

Preme no seguinte enlace para escoitalos:



Podes ver outras  actividades realizadas neste Nadal 2025 na pestana adicada a esta festividade.

xoves, 4 de decembro de 2025

OBRADOIRO DE RADIO 5º PRIMARIA

 


Durante os días 2 e 3 de Decembro, o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou un obradoiro de radio co formador Gabriel Paz, actividade financiada polo Programa Radio na biblio no que participamos dende 2018. 
Primeiro recibiron unhas instruccións teóricas  sobre os elementos que se precisan na radio, os diferentes equipos (redactores, técnicos, locutores...), os trucos e manexos da aplicación para grabar e editar os audios... para finalmente poñer en práctica o aprendido.