O noso centro foi convidado á xornada de Radio na biblio que se celebrou o 18 de Decembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Como tiñamos que escoller un grupo de 20 alumnos/as, o equipo de Biblioteca decidiu premiar ao alumnado voluntario que colabora e participa nas actividades da nosa biblioteca, así levamos aos voluntarios que axudan nos tempos de lecer e aos membros do club de lectura e aos do equipo de Biblioteca Creativa dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Dentro da programación de actividades da xornada, o alumnado puido presenciar a gravación en directo de varios programas de radio onde diferentes colexios entrevistaron a famosos periodistas, presentadores e figuras importantes como o Conselleiro de Educación e a nosa olímpica Teresa Portela. Tamén presenciaron a actuación dun malabarista entre un programa e outro. Tras repoñer enerxías cunha merenda saudable fixeron un obradoiro de radio no que eles foron os protagonistas.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
