Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
sábado, 24 de outubro de 2026
PRESENTACIÓN DO NOVO PDI ECOARDIA
mércores, 14 de outubro de 2026
Dinamización da biblioteca 6º Educación Infantil
Comezaron tamén as actividades de dinamización co grupo de 6º de Educación Infantil. Todos os luns acudirán á biblioteca para realizar diferentes actividades creativas: construccións Kappla, construccións Lego, xogos simbólicos con Playmóbil e marionetas, xogos de mesa...
venres, 9 de outubro de 2026
REPARTO DAS PRIMEIRAS LECTURAS NO CLUB DE LECTURA
xoves, 8 de outubro de 2026
PRIMEIRAS SESIÓNS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA CREATIVA
Os voluntarios/as de 6º de Educación Primraria do Club de Biblioteca Creativa comezaron as súas primeiras sesións de formación en Deseño e Impresión 3D. Podes seguir todas as súas actividades no apartado adicado a BIBLIOTECA CREATIVA.
mércores, 7 de outubro de 2026
TEMPOS DE LECER
Como todos os cursos, os axudantes de 5º e 6º colaboran na organización das actividades nos tempos de lecer. Este ano as quendas para acudir á biblioteca nos tempos de lecer son as seguintes:
Luns e xoves: alumnado de 1º, 2º e 3º
Martes e venres: alumnado de 4º,5º e 6º
Mércores: Asambleas do Club de lectura e do Club de Biblioteca Creativa.
xoves, 1 de outubro de 2026
COMEZO DUN NOVO CURSO
Comezamos o curso 2026-2027 coa presentación do alumnado voluntariado de biblioteca, nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria que van realizar tarefas de coidado e organización dos recursos da nosa biblioteca.
martes, 7 de xullo de 2026
FIN DE CURSO 25-26
Despedimos o curso 2025-2026 coa celebración do festival de fin de curso onde fanse entrega de diplomas aos que rematan a etapa de Educación Infantil e aos que marchan para o Instituto. Volveremos o vindeiro curso con máis celebracións, actividades e moito moito que aprender.
No blog do PDI Voces de Ardia atoparedes as tarefas finais dos diferentes ciclos. Esperamos que disfrutedes e repoñades enerxías durante o verán.
xoves, 18 de xuño de 2026
ENTREGA DE PREMIOS
O luns e o martes entregamos os premios aos gañadores do Concurso Anual do Pasaporte Lector onde non só se premia aos máis lectores senón aos traballos presentados das fichas de lectura ao longo de todo o curso. Preme na imaxe para ver os traballos premiados e a entrega de premios.
Aproveitamos tamén para facer entrega dos gañadores dos deseños do Logo do PDI Voces de Ardia e os artistas que debuxaron as mascotas para a Campaña de Mobilidade Sostible deste ano.
MULTITUDE DE ACTUACIÓNS NA BIBLIO PARA REMATAR O CURSO
Nestes últimos días pasaron pola biblioteca unha chea de nenos e nenas, uns para actuar e outros para desfrutar dos traballos dos outros grupos.
OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA
O alumnado de 5º de Ed. Primaria fixo unha pequena representación teatral sobre o uso excesivo das pantallas, no que eles crearon o guión e os decorados.
mércores, 10 de xuño de 2026
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA
Os membros do Club de lectura se despiden cunha última xuntanza na que fixeron valoracións das actividades realizadas e das lecturas deste último trimestre. Como recordo, se lles entregaron uns pequenos agasallos. Esperamos que os de 5º continuen no Club o vindeiro curso e que as de 6º se apunten tamén aos clubs do instituto.
Podes ver todas as actividades do club premendo no logo de CLUB LECTOCREA DE ARDIA.
martes, 9 de xuño de 2026
LIMPEZA DAS PRAIAS DE A TOXA POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, saímos todo o colexio a limpar as praias da Illa de A Toxa. Educación Infantil fixo o traslado no Turitren grazas á colaboración do Concello de O Grove mentres que o alumnado de Primaria realizou o traxecto camiñando. Despois da limpeza, tocou as merendas e finalmente rematamos a xornada con xogos polos que ían rotando os diferentes cursos.
CHARLA INFORMATIVA CONSUMO RESPONSABLE
Todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria recibiron na nosa biblioteca a un experto da Escola Galega de Consumo grazas á Campaña polo Día do Consumidor que organizaron en diferentes centro educativos de Galicia. Tras unha pequena charla informativa, os nenos e nenas participaron en diferentes xogos para concienciarse da necesidade de facer un consumo responsable.
CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS ESPECIES INVASORAS
sábado, 6 de xuño de 2026
CONTACONTOS EN 6º DE ED. INFANTIL
HORTO 2026
CINE SEIXO e MÁIS.
XOGO LETRAS GALEGAS
A COMPAÑÍA DE TEATRO ACTÚATE VISITA POR SEGUNDA OCASIÓN O NOSO COLE
CONTACONTOS POR UN DÍA



.jpg)














