Un novo episodio do Programa de Radio "Quen o escribiu?" sae publicado para desfrute de todos e todas. Desta vez escoitaremos a catro compañeiros/as de 4º de Educación Primaria. Seredes capaces de adiviñar o título e autor/a deste novo conto?
Preme na imaxe para entrar na páxina onde se ubica o audio, preme no play para reproducir, espera uns segundos a que remate a publicidade e.... a disfrutar do novo programa!
Non esquezas participar nos comentarios xusto debaixo desta publicación coa túa clase.
O alumnado de 5ºB de Educación Primaria comezou a súa primeira sesión de formación en deseño 3D baixo a dirección do profe Ramón. Hoxe comezaron a familiarizarse co programa Tinkercad. Na próxima sesión será o turno do grupo de 5º A.
O alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu un curso de formación dentro do Programa Biblioteca Creativa sobre a elaboración e creación de Booktrailers.
Nunha primeira fase, nas clases de lingua galega e lingua castelá, formáronse os equipos de 3 ou 4 persoas, despois cada grupo escolleu un libro que leran todos e comezar a elaborar un resumo e organizar os atrezos e complementos necesarios para traer o día da creación do booktrailer.
O mércores 16 de marzo, viñeron ao noso cole dous formadores, Roi e María, expertos en creación audiovisual e os nenos e nenas de 4º aprenderon como deseñar e crear un booktrailer. Primeiro recibir on unhas instruccións teóricas no espazo creativo todos xuntos, e logo chegou o momento de porse a crear. Cada equipo preparou un guión debuxando unhas viñetas que representaban as escenas que ían gravar. Unha vez feito o boceto pasaron á acción, gravando en diferentes espazos do centro. Finalmente montaron o booktrailer coas tablets.
Deixamos aquí os enlaces á GALERÍA DE FOTOS e os BOOKTRAILERS elaborados:
Publicamos un novo episodio do Programa de radio "Quen o escribiu?" Nesta ocasión escoitaremos a catro alumn@s de 5º A de Educación Primaria cun novo conto. Intenta adiviñar o título e o escritor ou escritora do conto 4 e participa nos comentarios desta entrada do blog.
O alumnado de 4º de Educación Primaria recita na radio escolar poemas do libro " A lo bestia" da autora Mar Benegas, actividade integrada no PDI Animalardia na Área de Lingua Castelá.
Os profes do Departamento de Orientación, Elena e Sergio, prepararon unha pequena actuación con marionetas para traballar as emocións en Educación Infantil. Acudiron a todas as aulas para representar a obra titulada "Palito y las emociones". Que atentos estiveron todos e todas escoitando a historia!