O 16 de Outubro celébrase o Día Mundial da alimentación, proclamado en 1979 pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Cada ano escóllese un lema co fin de destacar áreas necesitadas de reformas sociais. Este ano 2016 o lema é:
"O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén"
Unha das actividades que se está a levar a cabo no noso cole, dentro do Plan Proxecta
"Xermoliño", está relacionada con esta conmemoración. Os máis maiores do cole fixeron un estudo dos hábitos alimentarios de todo o alumnado rexistrando os diferentes alimentos que os nenos traen para as merendas do tempo de lecer. Podedes ver os resultados no blog do proxecto na pestana
"bocado a bocado". Despois de analizar estes resultados será convinte reflexionar e pensar en mudar algúns hábitos, por iso animaremos a todo o alumnado a seguir uns calendarios de merendas saudables.
Na biblioteca podes atopar diferentes libros sobre alimentación.
|
SECCIÓN NATURAIS |
|
SECCIÓN REVISTAS |
|
SECCIÓN REVISTAS |
|
SECCIÓN COCIÑA |
|
SECCIÓN NATURAIS |
|
SECCIÓN AZUL 832 |
|
SECCIÓN AZUL 832 |
|
SECCIÓN AZUL POESÍA 81 |
|
SECCIÓN AZUL 834 |
SE PREMES NAS SEGUINTES IMAXES ATOPARÁS MÁIS RECURSOS CON ACTIVIDADES E XOGOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario