O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron ó longo destas últimas semanas clases de Primeiros Auxilios a cargo do persoal de Emerxencias do Concello de O Grove.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
martes, 26 de marzo de 2019
VISITAS AO QUINTEIRO DE TEMPERÁN
Temos moita sorte de ter no noso Concello un centro de interpretación da cultura tradicional do agro galego como é O Quinteiro de Temperán, onde os nosos nenas e nenos acoden para aprender unha chea de tarefas. Este curso, o alumnado de 2º de Educación Primaria foi xa en dúas ocasións e fixeron actividades relacionadas co proxecto deste ano A que sabe o mundo?
Na última visita fixeron entre outras cousas, chourizos. Se queres saber máis, visita o blog do proxecto onde atoparedes o obradoiro de chourizos e outras actividades.
xoves, 21 de marzo de 2019
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Hoxe celebramos o Día mundial da poesía recitando na radio poemas de receitas do libro titulado "As receitas de Rosaura" escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso. Os nosos técnicos de 6º editaron os audios e o publicaron no programa de Audiolibros na nosa canle de RADIO VI. Xa podes escoitalos!!!
mércores, 20 de marzo de 2019
FONDOS PARA MESTRES
Colección de didáctica. O equipo de biblioteca aposta e apoia o emprego das novas metodoloxías activas e participativas.
Xa dispoñibles no recuncho de biblioteca na sala de mestres.
mércores, 13 de marzo de 2019
XORNAL O PAPAGAIO MARZO
Xa chegou á biblioteca un novo número do xornal O Papagaio. Podedes velo no expositor da entrada ou nas bibliotecas de aula a partir de 3º de Educación Primaria.
luns, 11 de marzo de 2019
XOGO-CONCURSO MULLERES DA ALTA COCIÑA
Adicamos esta semana á conmemoración do Día da muller propoñendo un xogo-concurso a todo o alumnado: "Mulleres da alta cociña". O primeiro día foi xa todo un éxito e todos os rapaces e rapazas andan a buscar pistas por todo o cole.
![]() |
Preme na imaxe para ver as fotos |
venres, 1 de marzo de 2019
MURAL COLABORATIVO ENTROIDO GALICIA
Todos os cursos estiveron a investigar sobre as máscaras do Entroido en Galicia para elaborar este mural informativo.
Preme na imaxe para velo mellor.
Máis información das nosas actividades de Entroido aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)