Temos moita sorte de ter no noso Concello un centro de interpretación da cultura tradicional do agro galego como é O Quinteiro de Temperán, onde os nosos nenas e nenos acoden para aprender unha chea de tarefas. Este curso, o alumnado de 2º de Educación Primaria foi xa en dúas ocasións e fixeron actividades relacionadas co proxecto deste ano A que sabe o mundo?
Na última visita fixeron entre outras cousas, chourizos. Se queres saber máis, visita o blog do proxecto onde atoparedes o obradoiro de chourizos e outras actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario