Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
sábado, 22 de xuño de 2019
xoves, 20 de xuño de 2019
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO PASAPORTE LECTOR
Esta maná foi a entrega dos premios aos gañadores do Concurso do Pasaporte Lector. Noraboa a todos e todas. Animamos ao resto do alumnado a seguir participando no vindeiro curso.
FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!
mércores, 19 de xuño de 2019
CHEGAN Á BIBLIOTECA OS TRABALLOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Centos de traballos que fixeron os nenos e nenas xunto coas súas familias nos diarios das mochilas viaxeiras están a chegar estes días á nosa biblioteca. Preme na imaxe para ver o album de fotos. Pola cantidade non podemos publicar todos pero sí iremos seleccionando e subindo máis traballos a medida que vaian chegando. Este ano houbo moitos que empregaron os libros de receitas que ían nalgunhas mochilas e hai traballos moi bos. Noraboa a tod@s e grazas pola vosa participación.
NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS
Onte catro grupos de axudantes de biblioteca de 6º de Educación Primaria fixeron o seu último Contacontos para todo o alumnado de Educación Infantil. Cada grupo leu e proxectou imaxes de contos relacionados co proxecto A que sabe o mundo? e co medio ambiente. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
martes, 18 de xuño de 2019
INFANTIL SE VA A BRASIL
O alumnado de Educación Infantil non para de viaxar. Investigaron Italia, China e agora descubrimos a súa exposición na entrada ao colexio de cando estudaron lugares, costumes e tradicións de Brasil.
Preme na imaxe para ver os traballos mellor.
Para máis información visita o seu blog Aprendemos sorrindo.
GUÍA DE LECTURAS VERÁN 19
Como todos os anos o Equipo de Biblioteca publica unha guía de lecturas para o verán. Como non podía ser doutra maneira, a guía vai da temática do noso proxecto deste curso escolar 18-19. Dos moitos libros informativos e contos que hai relacionados co tema da cociña, aquí tedes os que máis gustaron.
Felices lecturas e comidas de verán a toda a Comunidade Educativa!
![]() |
Preme na imaxe para ver a guía |
luns, 17 de xuño de 2019
XORNADA PORTAS ABERTAS ESCOLA INFANTIL
Hoxe tivemos unha xornada de portas abertas para os nenos e nenas da Escola Infantil Galiña Azul de O Grove acompañados polas súas mestras e as súas familias. O vindeiro curso comezarán 4º de Educación Infantil no noso colexio.
Primeiro o director ensinoulles as instalacións: a súa futura aula, os espazos de xogos nos días de choiva, os aseos, o patio... e por último asistiron á nosa biblioteca onde os nosos axudantes de 6º de Primaria fixeron un Contacontos.
venres, 14 de xuño de 2019
3º e 4º RECIBEN A VISITA DE PIRAGÜISTAS
Durante dous días recibimos a varias profesionais do Club de piragüismo Breográn de O Grove. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primara coñeceu así un deporte que no noso Concello ten moita representación a nivel mundial. Primeiro fixeron unha presentación do Club e déronnos unha charla informativa sobre este deporte e as diferentes modalidades do mesmo. Despois deixáronos os diferentes tipos de remos para practicar.
xoves, 13 de xuño de 2019
PUBLICACIÓN DO 6º EPISODIO DE RADIO: A QUE SABE O MUNDO?
Rematamos o programa especial de radio deste curso sobre o noso proxecto A que sabe o mundo? con moita alegría. Nel podedes escoitar ao alumnado de 6º recitando a receita "Canapé de queixo feliz" do libro de Isabel Blanco "As receitas de Rosaura" ; de seguido os de 2º falan das súas experiencias na cociña; os de 3º interpretan o conto en lingua castelán "La rebelión en la cocina"; e para rematar o programa o alumnado de 1º canta coa profe Olga "O polo Pepe". Esperamos que vos guste.
![]() |
Preme na imaxe |
Toda a información sobre o proxecto Radio na biblio aquí.
RECICLANDO CO ESCORNABOT EN 3 ANOS
O Equipo de Biblioteca diseñou un novo xogo para o proxecto Biblioteca Creativa sobre a reciclaxe polo Día do Medio Ambiente. Os primeiros en xogar foron os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.
mércores, 12 de xuño de 2019
6º PREPÁRASE PARA IR A ONS
O alumnado de 6º de Educación Primaria embarca mañá camiño da Isla de Ons. Por iso, hoxe estiveron cos seus titores na biblioteca, documentándose e preparándose para a visita que van facer de dous días á Isla. Visitaron a páxina web do camping onde van descansar e revisaron as rutas de senderismo no Google Maps.
CONTACONTOS PARA 1º E 2º
Os axudantes de biblioteca de 6º realizaron un Contacontos para os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Prepararon unha presentación dixital do conto para acompañar á lectura dos textos.

O primeiro conto "Historia dunha lata" estaba relacionado co tema da reciclaxe.

O segundo conto "A mellor sopa do mundo" estaba relacionado co noso proxecto de cociña A que sabe o mundo? e a amizade.
martes, 11 de xuño de 2019
O RESTAURANTE ITALIANO DOS NENOS DE 4 ANOS
O alumnado de Educación Infantil remata as súas actividades para o Proxecto A que sabe o mundo? coa montaxe dun restaurante.
No blog Aprendemos sorrindo atoparedes todo o proceso de investigación e as tarefas finais.
luns, 10 de xuño de 2019
CARAPUCHIÑA E OUTRAS PERSOAXES NA NOSA RADIO
Alumnado de 4º de Educación Primaria fai entrevistas ficticias ás persoaxes dos contos clásicos cos que estiveron a traballar neste último trimestre. Eles poñen as voces aos protagonistas dos contos que versionaron dunha forma moi creativa.
Para máis información da nosa canle en RADIO V.I.
venres, 7 de xuño de 2019
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS
Xa están expostos os traballos premiados do Concurso do Pasaporte Lector no corredor da planta baixa. Se atopas o teu exposto, tes premio!
Non esquezas acudir á entrega de premios que realizaremos o xoves, día 20 de Xuño ás 12:40 h. no patio ao remate do tempo de lecer.
xoves, 6 de xuño de 2019
mércores, 5 de xuño de 2019
CHARLA PARA CONMEMORAR O DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Galería de fotos |
Hoxe visitounos Manuel Domínguez para falarnos dos ecosistemas, das especies invasoras e do que podemos facer nós para axudar e contribuír ao coidado do Medio Ambiente. Ademáis o alumnado de 6º de Ed. Primaria, despois das charlas foi facer unha ruta para ver "in situ" algunhas das especies invasoras da nosa contorna.
martes, 4 de xuño de 2019
CONTACONTOS POR UN DÍA
Pola Semana das Letras Galegas realizouse a segunda sesión de "Contacontos por un día" grazas a colaboración das familias. Na primeira sesión durante o Samaín moitas nais quedaron sen participar por falta de tempo, así que as mestras de Infantil invitaron de novo as familias a participar nunha nova sesión. Como lles gusta aos nos@s pequerrech@s escoitar ás súas mamás!
luns, 3 de xuño de 2019
LECTURA FÁCIL
Ampliamos a nosa colección de libros informativos con pictogramas para os nenos e nenas que comezan a ler e para os que precisan axuda cunha lectura fácil e divertida.
Por unha biblioteca inclusiva!
INFANTIL LÉVANOS AO MUNDO DE CHINA
Galería de fotos |
Despois das exposicións e traballos dos nenos e nenas de 4 anos sobre Italia, atopámonos con esta espectacular ambientación de China, outro dos traballos dos investigadores de 5 anos. Noraboa pola vosa curiosidade e por compartir os vosos descubrimentos con todo o cole!
Novo episodio de A que sabe o mundo?
Chegando ao remate do curso, aquí temos o penúltimo episodio do Programa de Radio: A que sabe o mundo? Nel escoitaredes ao alumnado de 6º falando da comida tailandesa en inglés, unha entrevista que fixeron os de 5º a autora dos libros: "Mel nas filloas" e "Receitas Pequerrechas" que temos na nosa biblioteca e por último unha receita especial en rima: "Mazás vermellas do bosque con caramelo" do libro "As receitas de Rosaura" de Isabel Blanco.
LIBRO COLABORATIVO
![]() |
Preme para velo |
Este curso o alumnado de todo o colexio elaborou este libro de receitas no Proxecto Documental Integrado A que sabe o mundo?
Para velo de forma dixital preme na imaxe. Ten páxinas con solapas que descubrir así que non dubides en pasar pola biblio para velo mellor de forma impresa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)