Galería de fotos
O alumnado axudante voluntario de biblioteca foi ás clases de Educación Infantil a lerlles contos sobre a paz.
Se queres ver máis actividades visita a pestana adicada á Paz. |
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
venres, 31 de xaneiro de 2020
CONTACONTOS POLA PAZ
SESIÓN DE ESCORNABOTS NA BIBLIO
Hoxe o alumnado de 1º de Educación Primaria presentounos na sesión de biblioteca un novo xogo para usar cos escornabots e aprender ao mesmo tempo as horas do reloxo.
mércores, 29 de xaneiro de 2020
AXUDANTES DE BIBLIO ORGANIZANDO OS XOGOS DE MESA
Os axudantes de biblioteca están a organizar os xogos de mesa que temos para o tempo de lecer. Primeiro fixeron un listado dos xogos, despois comezaron a revisar os dossiers coas instruccións e a elaborar fichas informativas máis sinxelas para os máis pequenos de Educación Primaria.
Axiña comezarán os obradoiros de xogos de mesa.
Estade ben atentos!
luns, 27 de xaneiro de 2020
CONTINUIDADE DE PROXECTOS
Organizado xa o calendario de plantación do horto grazas ao Equipo de Actividades Extraescolares. Consulta o taboleiro na sala de mestres para darlle continuidade ó noso proxecto Mans de terra do curso 2016-2017.
sábado, 25 de xaneiro de 2020
FORMACIÓN DE MESTRES
Os mestres tamén seguemos a aprender e esta semana tivemos dúas sesións de formación: a primeira, na tarde do martes, sobre o funcionamento do Croma coa colaboración do equipo de TICS e a segunda, na tarde do mércores, sobre o funcionamiento e usos da impresora 3D que acabamos de mercar para a aula Maker grazas á participación do noso centro no proxecto Biblioteca Creativa.
venres, 24 de xaneiro de 2020
TEATRO NA BIBLIO
Por fin chegou o día da actuación de teatro dos nenos e nenas do club de lectura. Fixeron un primeiro pase para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e despois un segundo pase para o alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
Xa podes ver no seguinte video un dos pases.
martes, 21 de xaneiro de 2020
TODO LISTO PARA A GRAN ACTUACIÓN!
Esta semana os nenos e nenas do Club de lectura están a facer os últimos ensaios antes da gran actuación de teatro que terá lugar na biblioteca o xoves, día 23.
NOVAS PUBLICACIÓNS NA RADIO
O alumnado de 4º A inaugura as gravacións deste curso na radio escolar. Trátase dun programa de historias ou contos inventados polo alumnado . Estas primeiras historietas están relacionadas co proxecto documental deste curso: Ardia2020 ( As olimpiadas e os deportes).
Preme na imaxe para acceder ao noso canal.
venres, 17 de xaneiro de 2020
Robótica e Bee-bot en INFANTIL
GALERÍA DE FOTOS
O alumnado de Infantil aprende os números ao mesmo tempo que traballa a programar o seu Bee-bot.
|
xoves, 16 de xaneiro de 2020
CHEGA O PAPAGAIO DE XANEIRO!
Repartimos o xornal O papagaio do mes de Xaneiro pola aulas de Primaria. Tamén tedes un exemplar na biblioteca e outro no recuncho das familias. Disfrutádeo!
mércores, 15 de xaneiro de 2020
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
Os axudantes de biblioteca xa estiveron a seleccionar libros informativos e contos para traballar o Día da paz e a non violencia escolar. Se queres atopar máis información visita a pestana PAZ.
martes, 14 de xaneiro de 2020
NOVIDADES NO EXPOSITOR DO PROXECTO
Temos unha chea de novos exemplares no expositor do proxecto ARDIA 2020. Nos esquezas pasar pola biblio e levar emprestados os que máis che gusten.
mércores, 8 de xaneiro de 2020
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Comezamos o primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal co curso de Primeiros Auxilios dirixidos polo equipo de Emerxencias de O Grove. Hoxe as clases teóricas e prácticas foron para o alumnado de 5º de Educación Primaria. O venres volverán para traballar co alumnado de 6º de Ed. Primaria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)