O equipo de biblioteca seleccionou unha chea de libros sobre animais para o alumnado de 3º de Primaria que está neste trimestre traballando este tema.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
luns, 30 de novembro de 2020
venres, 27 de novembro de 2020
Santa Compaña´s Stories in Radio na biblio
Sabela e Nora de 5º B cóntanos na radio escolar historias sobre a Santa Compaña en lingua inglesa, unha actividade pola celebración do Halloween nesta área de aprendizaxe.
xoves, 26 de novembro de 2020
PROXECTOS OCÉANOS EN INFANTIL
Pouco a pouco o proxecto dos océanos de 6º de Educación Infantil va collendo forma e comezan a verse os primeiros resultados. Preme aquí para acceder á galería de fotos.
mércores, 25 de novembro de 2020
KAMISHIBAI (TEATRO DE PAPEL) polo 25N- NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Alumnado voluntario de biblioteca de 6º de Educación Primaria realizou durante este mes varios kamishibais con contos relacionados coa Violencia de Xénero e a igualdade. Aquí vos deixamos o vídeo do primeiro grupo de 6º A:
"A historia dos bonobos con lentes" da autora Adela Turín.
luns, 23 de novembro de 2020
NOVOS PROGRAMAS DE RADIO
https://www.ivoox.com/podcast-ardia-2020-2021_sq_f11110138_1.html
mércores, 18 de novembro de 2020
TEMPO DE LECER, TEMPO DE LECTURA
Algúns alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria acudiron á biblioteca no tempo de lecer e escoitaron a unha das súas compañeiras de clase ler o conto La Castañera Felipa que proxectamos na pantalla da biblio.
martes, 17 de novembro de 2020
20 N - DÍA DA INFANCIA
ACTIVIDADE
Todos os anos celebramos esta conmemoración colaborando coa ONG Save the Children participando na Carreira Solidaria Kilómetros de solidariedade.
Este curso escolar, para cumprir co protocolo anti-covid, decidimos correr de forma individual realizando unha carreira de relevos o longo desta semana na que participa todo o alumnado nas sesións de Educación Física e nas de Psicomotricidade en Educación Infantil.
O reto será percorrer todo o patio e contar o número de voltas que consegue realizar cada grupo nunha sesión. Sumaranse o número de voltas realizadas entre todos para calcular finalmente os kilómetros percorridos.
As familias colaborarán facendo de patrocinadores dos seus fill@s e publicaremos os resultados no blog.
RECURSOS
A ONG SAVE THE CHILDREN envíanos o material necesario: dorsais, carnés dos corredores e diplomas. Tamén comparten os enlaces ao material didáctico para o profesorado.
Na pestana do Día da Infancia deste blog atoparedes os fondos bibliográfícos relacionados con esta data, outros recursos seleccionados no noso taboleiro de Pinterest e as actividades realizadas en cursos anteriores.
venres, 13 de novembro de 2020
O POLO PEPE NA CLASE DE 3 ANOS
Na primeira sesión de biblioteca no grupo de 4º de Infantil (3 anos) fixemos un pequeno contacontos do "Polo Pepe". Despois de escoitar o conto que lles encantou, aprenderon tamén un baile da canción do conto e por último colorearon ao Polo Pepe de múltiples cores.
venres, 6 de novembro de 2020
RECURSOS PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO
Novembro é o mes da Ciencia en galego e o equipo de biblioteca fixo un album dos fondos bibliográficos que podedes atopar na nosa biblioteca. Esperamos que vos sexa de utilidade para os vosos proxectos de aula.