A mestra de Audición e Linguaxe amósanos o uso dalgúns dos materiais mercados coa partida de Biblioteca Inclusiva destinada a fondos e materiais para alumnado con necesidades educativas.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
xoves, 28 de abril de 2022
BIBLIOTECA INCLUSIVA
luns, 25 de abril de 2022
FORMACIÓN DE RADIO
Hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria recibiu un curso de formación de radio coa xornalista Loreto Silvoso de RadioVoz de A Coruña.
Como temos a biblioteca en obras, a charla-presentación e o obradoiro realizouse na aula. Primeiro foi a quenda de 5º A e despois do recreo a quenda de 5º B.
Aprenderon o funcionamento dunha radio e traballaron o estilo do locutor a través dunha serie de exercicios prácticos moi divertidos, seguindo un guión, aprendendo a vocalizar, a improvisar, trucos para non trabarse, como quentar a voz antes de entrar en directo... e finalmente lanzáronse a preparar un noticiero.
Pronto escoitaremos os resultados en RADIO V.I.
venres, 22 de abril de 2022
EPISODIO 8 "QUEN O ESCRIBIU?"
Desvelan o nome do título e autor do conto do anterior episodio e relatan un anaco doutro conto moi, moi actual. Saberedes de cal se trata?
Preme na imaxe para abrir o enlace ao audio. Dalle á Reproducir e espera uns segundos a que rematen os anuncios publicitarios, de seguido comezará o programa.
CLUB DE TEATRO GRAVANDO
RECURSOS DÍA DO LIBRO
A pesares de ter a biblioteca cerrada, nós seguimos coas actividades e celebracións. Na entrada á biblioteca dispoñedes dun expositor elaborado por algúns axudantes de biblioteca relacionados con esta data. Tedes dende biografías de Miguel de Cervantes e Shakespeare, diferentes versións do famoso Don Quixote e unha chea de contos onde os libros e a lectura son protagonistas.
Tamén podedes consultar a nosa páxina adicada ao Día do Libro con recursos e actividades que se van facendo.
BIBLIOTECA EN OBRAS
Levamos dende principio de curso con obras no cole para mellorar os diferentes espazos da nosa biblioteca, que este ano, ao entrar no PLAN LIA.3 está transformándose a pasos de xigante. Aproveitamos as vacacións de Semana Santa para pintar o espazo que será destinado aos libros de ficción e as actividades de Animación á lectura, polo que permanecerá pechada ata novo aviso. Os préstamos seguirán facéndose nas aulas co aplicación de xestión KOHA.
martes, 19 de abril de 2022
EPISODIO 7 "QUEN O ESCRIBIU?"
Publicamos hoxe o último episodio gravado xusto antes de irnos de vacacións de Semana Santa, realizado polo alumnado de 3º A. Recordar facer as vosas respostas no apartado de comentarios.
Preme na imaxe para escoitar o audio.
xoves, 7 de abril de 2022
SAÍDA DE 5º E 6º ED. PRIMARIA
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída cultural ao porto de A Coruña, lugar que se acondicionou para acoller a exposición do fotógrafo Peter Lindberg, pioneiro na fotografía de moda. A montaxe da exposión xa fora deseñeda polo propio Peter, antes da súa morte.
O recinto semella un vello porto con contedores de mercancías de cor negro, gardando así, relación coa obra do fotógrafo (a súa maioría está en branco e negro).
Unha vez dentro, nenos e nenas xuntáronse coas guías da exposición para preparar a actividade.
Na primeira parte, despois de facer grupos, entregáronse pedazos de fotografías da exposición e tiveron que buscar a cal correspondía.
Na segunda parte tiveron que escoller unha fotografía e contar a historia que crían que podía haber detrás dela.
Para rematar, xa xunt@s, preguntouselle a todo o alumnado a súa opinión e resolvéronse as dúbidas que podían ter.
mércores, 6 de abril de 2022
RECURSOS PARA O DÍA DA SAÚDE
luns, 4 de abril de 2022
EPISODIO 6 "QUEN O ESCRIBIU?"
INVESTIGANDO A GRANDES MULLERES EN 4º DE PRIMARIA
sábado, 2 de abril de 2022
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración da data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Os axudantes de biblioteca andiveron na procura de todos os libros que temos deste autor e atoparon versións nos tres idiomas que estudamos no colexio: galego, castelán e inglés. Búscaos no expositor da entrada á biblio.
venres, 1 de abril de 2022
QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? - ESCENA 1