Nesta última semana realizáronse unha chea de actividades pola celebración do Samaín baixo a coordinación do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e a colaboración da Comunidade Educativa: Alumnado, mestres e familias.
Como todos os anos as familias participan na decoración das cabazas cos seus fillos e fillas. Este ano pedímoslles que as decoraran coa temática do Proxecto Alucine.
TÚNEL DO MEDO
O Equipo de mestres de Actividades Extraescolares e Complementarias prepararon un túnel do medo polo que pasaron todos os cursos dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria. Pasárono de medo!
QUEN SABE DE XULIA? Lectura de 6ºA
O alumnado de 6º A realizou unha lectura na biblioteca en varias quendas na chamada "Hora de ler" para o alumnado de 3º á 6º de Educación Primaria. A historia que contaron vai dunha nena chamada Xulia que desapareceu hai anos no noso cole...Quen sabe de Xulia?
Xa podedes escoitala na nosa canle de RADIO V.I.
Hora de ler na biblioteca. Preme na imaxe
CONTACONTOS de 6º B
Ao mesmo tempo, o alumnado de 6º B realizou pequenas lecturas de contos de medo nas clases de 1º e 2º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil. Tamén podemos escoitalos na nosa radio.https://www.ivoox.com/lecturas-terrorificas-a-casa-enmeigada-os-dentes-audios-mp3_rf_95402576_1.html
CINE DE MEDO
O alumnado de diferentes cursos acudiu á sala de Cine da biblioteca para ver curtametraxes de medo.
CONTACONTOS POR UN DÍA EN INFANTIL
As familias participaron nesta actividade que xa hai anos que facemos por estas datas nos cursos de Educación Infantil. Pedímoslles que acudan ás aulas dos seus fillos e fillas para lerlles contos de Samaín. Preme na imaxe para ver máis fotos.
MURAL ENGLISH AND ARTS CLASSES
Alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria decora á entrada á clase de Lingua inglesa con manualidades relacionadas co Samaín e a estación do Outono.
SELECCIÓN DE LIBROS
O Equipo de biblioteca coa axuda dos axudantes de 6º fixeron unha ampla selección de libros relacionados co Samaín, Halloween e os medos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario