Os Equipos de Orientación e de Educación Física organizaron actividades na primeira semana de Decembro para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade.
Realizaron diferentes adaptacións dos deportes paralímpicos como o Voleibol Sentado e Goalball, xogos de lanzamentos de precisión desde posición de sentados e o xogo de "atopar o tesouro" (balón con cascabeis) cos ollos vendados.
Aprenderon tamén o abecedario dactidolóxico xogando a dicir o seu nome ou adiviñando a palabra.
Por último o alumnado de Ed. Infantil aprendeu a escribir o seu nome en Braille xogando coas pezas Lego, mentres os de Primaria xogaron a descifrar unha mensaxe que lles poñían os seus compañeiros/as.
Máis información con guía de lecturas, recursos e actividades na pestana adicada a esta conmemoración: PERSOAS CON DISCAPACIDADE
PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario