O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao Observatorio de aves, preto do noso colexio. Previamente recibiron unha charla informativa sobre as aves e as súas rutas migratorias. Logo cos prismáticos e guías en man acudiron ao Observatorio para avistar o maior número de aves, identificalas, debuxalas e anotar as súas características. Finalmente crearon un mural que está colocado no corcho da zona de interclases da planta baixa para disfrute de toda a comunidade educativa.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos e os traballos expostos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario