xoves, 27 de xuño de 2024

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 Para rematar o curso celebramos a entrega de Diplomas ao alumnado que finalizou a etapa de Educación Infantil e a entrega de diplomas aos de 6º de Ed. Primaria que marchan para o Instituto o vindeiro curso.

Despois as familias poideron disfrutar dun festival cheo de actuacións con cancións dos anos 70, 80 e 90 como despedida e peche do PDI 50 Anos de Historia.

E para terminar a xornada lectiva, os nenos e nenas disfrutaron de xogos populares e tradicionais.

Aquí podedes ver o vídeo resumo das actuacións editado polo Equipo de TICS:


Deixamos tamén enlaces aos albums de fotos dese último día de clase:


Album dos Xogos Populares:






MEMORIA DA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA RECÍCLATE CON SOGAMA

 


O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias participou no Programa Recíclate con Sogama con todo o alumnado de Ed. Infantil e Primaria. Deixamos aquí o enlace á memoria de todas as actividades realizadas.

martes, 25 de xuño de 2024

ÚLTIMAS GRAVACIÓNS NO ESTUDIO DE RADIO

 


O alumnado de 5º de Ed. Infantil realizou novas gravacións para o Programa "Sobre gustos non hai nada escrito". Nel falan sobre o que máis lles gusta facer no colexio, na casa, os seus contos favoritos, cancións, películas... temáticas moi variadas e divertidas. Podes escoitalos nos seguintes enlaces ou visitar a nosa canle de RADIO V.I.


Se queres saber máis sobre o que facemos no Programa Radio na biblio... preme aquí.


luns, 24 de xuño de 2024

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA

 Nas últimas sesións do club de lectura de 5º e 6º de Ed. Primaria o alumnado realizou recomendacións lectoras na radio, fixeron visionado de todos os booktrailers creados por eles na Sala de Cine e despediron o curso levando un pequeno agasallo de recordo.




Se queres saber todo o que fixeron ó longo do curso, visita a pestana do CLUB de LECTURA.






sábado, 22 de xuño de 2024

OBRA DE TEATRO "MAMASIÑA, QUE MEDO!"

 O alumnado de 6º de Educación Primaria para despedir o curso estiveron preparando unha obra de teatro titulada "Mamasiña, que medo!" de Chus Pereiro. Na derradeira semana do periodo lectivo invitaron a todo o alumnado e aos seus familiares á biblioteca para ver a súa representación. Houbo que facer quendas, así o luns viron a obra os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria; o martes acudiron os de 2º Ciclo de Primaria e o mércores as familias que ademáis trouxeron alimentos non perecederos para doar a un Banco de Alimentos. 

Aquí vos deixamos a gravación da obra e a galería de fotos.



Galería de fotos

martes, 18 de xuño de 2024

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DO PASAPORTE LECTOR

 


Nesta última semana de clases fixemos entrega duns pequenos agasallos aos gañadores do Concurso do Pasaporte Lector. O luns foi a quenda dos máis pequenos e o martes entregamos os premios dos maiores do colexio. Preme na imaxe para ver os traballos e as fotos da entrega na biblioteca.

sábado, 15 de xuño de 2024

MONTAXE DE NOVOS ESCORNABOTS

 



O equipo de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria comezaron a montar os novos escornabots  seguindo as instruccións elaboradas polo Equipo de Biblioteca nos inicios deste Programa no 2018. Se queres saber todo o que fixeron nos tempos de lecer deste curso, visita a pestana adicada a este Programa de Biblioteca Creativa ou o seu album de fotos.

CREACIÓN DE CHAPAS

 


O equipo de voluntarios de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria están facendo as chapas co Logo do PDI deste curso a contrarreloxo para agasallar a todo o alumnado e profesorado.

venres, 14 de xuño de 2024

LEO E PEDALEO NA BIBLIOTECA

"De mente e corpo en forma estarás, se ves a ler e a pedalear"


Coa partida económica para o novo equipamento da Biblioteca do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares ao que pertencemos dende o curso 16-17 mercamos pedais e bicicletas estáticas que só funcionan cando estamos a ler. Un éxito para os tempos de lecer e as sesións de biblio que algúns xa tiveron a sorte de disfrutar nestes últimos días do curso e que esperamos que se convirta nun hábito máis dos moitos hábitos saudables que fomentamos no noso centro educativo.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 


O alumnado de 6º de Educación Infantil visitou a Biblioteca Municipal do noso Concello. Escoitaron un conto, descubriron os recunchos da biblioteca e realizaron un paxaro para levar un recordo da visita.

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA DO 1º CICLO DE ED.PRIMARIA

 

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha saída ao Museo de Pontevedra onde aprenderon a facer traballos con arxila nun divertido obradoiro.

SAÍDA DO ALUMNADO DE 2º CICLO Á ILLA DE SAN SIMÓN


O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron a súa última excursión deste ano escolar á Illa de San Simón. Primeiro visitaron o museo onde aprenderon a historia da illa, logo de facer unha pequena travesía de 20 minutos visionando as bateas da Ría de Vigo ata chegar á Illa, onde percorreron todos os recunchos escoitando a guía. Logo do xantar, realizaron unha xincana onde demostraron todo o que aprenderan da visita.