O alumnado de 6º de Educación Primaria comeza a desfrutar da actividade que o Equipo de Biblioteca lles ofrece nos tempos de lecer dos venres cada 15 días. Trátase dunha actividade dentro do Programa de Biblioteca Creativa na que o alumnado interesado aprenderá Deseño e Impresión 3D, montaxe de escornabots, robótica, circuitos eléctricos, creación de chapas, uso do Croma e a radio escolar... Na primeira sesión que tivo lugar xa no mes de Setembro comezaron co Deseño 3D.
Se queres saber máis, preme na súa bitácora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario