venres, 20 de decembro de 2024

Panxoliñas na radio e na biblio

 


Xa tedes publicadas no programa de NADAL do noso canal de RADIO V.I. as panxoliñas que fixeron os nenos e nenas polo Nadal. Se premes na imaxe poderás ver as actuacións en directo no escenario da biblioteca e nos seguintes enlaces os podcasts feitos na radio.
 

Tamén podedes escoitar o Sorteo de Nadal realizado polo alumnado de 4º Primaria.

Xogo de Pistas Nadal 2024

 O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias organizou un novo xogo de pistas para realizar na derradeira semana antes das vacacións de Nadal.

O xogo consistiu no visionado do seguinte vídeo:


Papá Grinch deixa unha mensaxe no Belén: 

"Se a miña mensaxe queres descifrar aos renos de Papá Noel deberás buscar".



Buscan logo os 9 carteis con información sobre os renos de Papá Noel por todo o cole. 

En cada cartel hai unha pista sobre a palabra que deben apuntar. (Preme na imaxe)
 Logo ordenan as nove palabras para formar unha mensaxe.






As trasnadas dos Elfos


Xogo organizado pola ANPA.

 Durante estas dúas últimas semanas previas ao Nadal uns Elfos estiveron xogando ás agachadas polo cole movéndose misteriosamente de sitio e facendo das súas. 
Preme na imaxe para as fotos do xogo e a fabulosa decoración que puxeron as nais representantes da ANPA.

 

Imos ver aos Bolechas

 


O 29 de Novembro o alumnado de 4 a 9 anos foron invitados pola Biblioteca Municipal e o Concello de O Grove ao Auditorio para ver un espectáculo musical dos famosos Bolechas. Aprenderon cantando e bailando moitos dos valores que traballamos no cole durante todo o curso e tamén os instrumentos musicais. 
Preme na imaxe para ver mais fotos e vídeos.

xoves, 19 de decembro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

 


O alumnado de 3º de Educación Primaria acudiu á Biblioteca Municipal para realizar actividades de formación de usuarios coñecendo os espazos e as normas de funcionamento dunha biblioteca e tamén viviron en primeira persoa a elaboración dun libro. En pequenos equipos crearon o seu propio libro onde cada un tivo a responsabilidade de realizar unha función diferente: o autor, o ilustrador...
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

luns, 16 de decembro de 2024

APRENDENDO NOVOS XOGOS NA SESIÓN DE BIBLIOTECA DE 6º INFANTIL

 


Continuamos a Dinamización da Biblioteca co alumnado de 6º de Ed. Infantil todos os luns despois do tempo de lecer. Desta vez aprenderon a xogar co Jenga Maker. Que ben o pasaron e con que rapidez aprenden!
Preme na imaxe para ver todas as fotos.

martes, 3 de decembro de 2024

ASISTENCIA AO ESPECTÁCULO "CENSOR DE MONSTROS"

 


O 15 de Novembro o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria acudiu á Casa da Cultura para ver o espectáculo titulado "Censor de monstros" do grupo Barafunda, actividade ofertada pola Biblioteca Municipal e o Concello de O Grove.

CONTINUIDADE DE PROXECTOS: HORTO ESCOLAR

 



Chegou o tempo de plantar os repolos. Así continuamos aproveitando os recursos do Proxecto Mans de Terra e traballar o horto nas nosas parceliñas.