O pasado 26 de Febreiro a rapazada de 3º de Educación Primaria fixo unha saída polo noso Concello , O Grove. Foi a mellor maneira de estudiar "o noso mundo" e "vivir en sociedade". Coñecer a nosa contorna axúdanos a desenvolvernos con maior independencia e autonomía, por iso foron visitar os distintos espazos representantivos do pobo: o centro médico, o pabellón vello, o centro sociocultural, o auditorio, a policía local e o Concello. Aproveitaron a saída para repasar conceptos como a localización de cada espazo, os traballadores de cada un e a función que desenvolven. A maiores, conscientes de que o noso entroido é moi representativo da sociedade meca aproveitaron para visitar a exposición na que se mostra a evolución desta festa na nosa localidade.
O mundo no que vivimos empeza por coñecer o maravilloso pobo no que vivimos e disfrutar e aprender dos seus costumes.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario