Un ano máis escollimos ao formador Damián Alonso para realizar o obradoiro de radio co alumnado de 5º de Educación Primaria. Con este especialista de Ponte nas Ondas aprenderon a facer un programa de radio en directo, traballando primeiro a creación do contido a divulgar e logo por parellas todos foron pasando polos diferentes postos necesarios nunha emisora: os técnicos e os locutores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario