venres, 24 de outubro de 2025

OBRA DE TEATRO "CASTELAO"

 


O alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria acudiu ao Auditorio de O Grove para ver a obra de teatro titulada "Castelao".  A obra, dirixida por Fina Calleja e a cargo da compañía Culturactiva presentou a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, alegre e aventureiro.

xoves, 23 de outubro de 2025

CONTACONTOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE O GROVE

 


No día de onte, o alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de recibir a visita de dúas expertas en Contacontos da Biblioteca Municipal de O Grove que nos fascinaron coas súas historias e as bonitas ilustracións feitas por elas de diferentes lugares da nosa vila.  Grazas polo voso traballo! É marabilloso!

mércores, 22 de outubro de 2025

Moita participación na Xornada de Portas Abertas polo Día das Bibliotecas Escolares

 

Galería de fotos e vídeos

Un curso máis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha xornada de Portas Abertas ás familias onde aproveitamos para presentar o Proxecto Documental Integrado deste curso escolar que leva por título: Voces de Ardia.
Retamos ás familias a participar nunha xincana de 8 probas relacionadas cos medios de comunicación, temática do PDI.
Grazas ás familias puidemos difrutar dunha tarde de aprendizaxes e risas.


mércores, 15 de outubro de 2025

PARTICIPA NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2025!!!

O martes 21 de outubro de 16:30 a 18:00 h. celebraremos a nosa tradicional Xornada de Portas Abertas coincidindo coa semana do Día das bibliotecas escolares. Presentaremos o novo Proxecto Documental Integrado deste curso 2025-2026 : Voces de Ardia

Todas as familias estades invitadas a participar. Precisamos que fagades a inscrición previa para poder organizar o evento con tempo así que enviamos esta semana a través dos nenos e as nenas unha circular coa ficha de inscrición.

Tedes ata o venres día 17 de outubro para entregala aos titores/as dos vosos fillos, unha por familia.

Animádevos a participar, será unha xornada moi divertida. 



Primeira sesión de formación do equipo de Biblioteca Creativa


O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria xa comezou a súa formación en Deseño e Impresión 3 D nos tempos de lecer. Reuniranse os mércores na sala creativa para facer diferentes actividades dentro do Programa de Biblioteca Creativa.

 

xoves, 9 de outubro de 2025

Primeira xuntaza do club de lectura

 


O club de lectura deste curso comezou a súa primeria xuntaza o 24 de Setembro co reparto da 1ª lectura. Cando a rematen recibirán a visita dunha Contacontos sobre o libro que están a ler. 
Se estás en 5º ou 6º de Educación Primaria aínda estás a tempo de apuntarte ao noso Club LectoCrea de Ardia.
Podes consultar todas as actividades que facemos na apartado deste blog adicado a este club e a data das próximas reunións.

Comezamos novo curso

 


Comezanos o curso 2025-2026 cun novo grupo de axudantes voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria.
Entre as súas funcións cabe destacar: a colocación dos libros nos andeis, o préstamo de libros, axudar na vixianza do correcto uso dos servizos da biblioteca nos tempos de lecer. Ademais prepararán xogos, contacontos e actividades para todos os usuarios da biblioteca nos tempos de lecer. Se premes na imaxe poderás velos e velas en acción.