venres, 26 de abril de 2024

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS POLO DÍA DO LIBRO

 

Dende o luns 22 ata o venres 26 de Abril o Equipo de biblioteca organizou un ano máis os apadriñamentos lectores para celebrar a Semana do libro. Todos os cursos dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria pasaron pola biblioteca, uns como padriños e madriñas e outros como afillados e afilladas. En cada quenda os maiores tiñan que sacar un papeliño ao chou dunha caixa para saber cal sería o seu afillado ou afillada. Unha vez formadas as parellas ou grupos, os máis pequenos escollían os libros que querían que lles leran os maiores. Tamén lles dimos a libertade de escoller o recuncho da biblioteca que máis lles gustaba para facer a actividade. Finalmente fixemos a foto oficial de todos xuntos no escenario do noso miniteatro. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario