O martes 9 de Abril os membros do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha excursión a Santiago de Compostela con motivo da lectura do libro titulado "Formigas. Misión Camiño Santiago" de Pere Tobaruela. Compartimos a viaxe co Club de lectura do Ceip As Bizocas que tamén leron o mesmo libro e resultou unha xornada de convivencia marabillosa na que non só aprendemos a historia do Camiño e de Santiago, senón que fixemos un roteiro polo casco histórico entrando pola Porta do Camiño, atravesando rúas e vendo iglesias e capelas, varias prazas entre elas a de Cervantes para finalizar entrando na Catedral. Despois nos diriximos ao Parque da Alameda para repoñer forzas cunha boa comida. Continuamos a nosa ruta para ver estatuas como a das Marías, o noso Valle-Inclán sentado nun banco, Rosalía de Castro, Federico García Lorca.... e rematamos no parque infantil onde había moitos xogos.
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
mércores, 10 de abril de 2024
SEGUINDO O CAMIÑO DAS FORMIGAS A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Galería de fotos
Para saber todo o que facemos no club de lectura preme na pestana adicada ao mesmo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario