venres, 4 de abril de 2025

Campaña Didáctica da Escola de Música para Primaria

 


Hoxe visitaron o noso cole a Campaña didáctica da escola de Música para dar a coñecer os instrumentos de vento ao noso alumnado de Educación Primaria. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de probar algúns instrumentos e mesmo dirixir ao grupo de músicos e tamén cantaron moitas cancións coñecidas. Esperamos que esta actividade anime aos rapaces e rapazas a elexir como actividade no seu tempo de lecer a música.

mércores, 2 de abril de 2025

Creacións artísticas de Arts no blog do PDI Somos Artistas


Xa están publicadas no blog do PDI Somos Artistas todas as actividades levadas a cabo na clase de ARTS durante o segundo trimestre. Pincha na imaxe para accedar ao blog. 
Noraboa pola traballo realizado! 

 

Formación de radio en 5º Primaria

 


Un ano máis escollimos ao formador Damián Alonso para realizar o obradoiro de radio co alumnado de 5º de Educación Primaria. Con este especialista de Ponte nas Ondas aprenderon a facer un programa de radio en directo, traballando primeiro a creación do contido a divulgar e logo por parellas todos foron pasando polos diferentes postos necesarios nunha emisora: os técnicos e os locutores.

martes, 1 de abril de 2025

Charla informativa sobre o coidado dos animais


 O mércores 26 de Marzo visitounos Verónica, da Granxa de Xanceda e veu acompañada por unha cadela moi especial, adestrada para ensinar aos nenos e nenas como se deben coidar os animais.